Revive o Colleiteiros Son Festival: música, viño e territorio no Ribeiro
Colleiteiros Son: Un festival único: viño e territorio
O festival arrancou na adega Pousadoiro cunha noite chea de enerxía e emoción grazas a FolyLamas e Isidro Vidal, unha combinación de folk galego e canción de autor que fixo vibrar aos primeiros asistentes.
Logo, o 12 de xullo, na adega Celme, os sons suaves de Sr. Nilsson acompañaron unha velada serena e delicada, perfecta para saborear viños con calma e sensibilidade.
A celebración do Día de Galicia, o 25 de xullo, trouxo a alegría de Sr. Jingles a Casal do Canteiro, nun concerto cargado de pop, rock e moitos sorrisos compartidos entre copas.
O pasado 2 de agosto, nós, Cuñas Davia vivimos unha das noites máis atrevidas do festival con Gancho y Crochet, que puxeron a bailar ao público ao ritmo de versións dos anos 80 e 90.
E aínda queda festa! O 9 de agosto, a adega de Xulia Bande acolle unha noite de contrastes: Pablo Prego ofrecerá un concerto acústico íntimo, mentres que DJ Charly fará bailar ata a madrugada cunha sesión disco suave e vibrante.
O broche final chegará o 16 de agosto en Arco da Vella, coa actuación de Os Tarabelos, que traerán a música tradicional galega máis viva e auténtica para despedir o festival cunha homenaxe ás raíces.
Máis que un festival de música, a celebración do viño artesán e o territorio do Ribeiro
Por só 15 € (+ gastos de xestión), cada entrada inclúe música en directo, cata de viños da adega anfitrioa e petiscos con produtos de proximidade. Todo iso nun entorno privilexiado, entre viñedos, historia e paixón pola viticultura.
O festival está organizado pola Asociación Galega de Viticultura Artesanal, Colleiteiros, co obxectivo de poñer en valor o traballo das pequenas adegas familiares do Ribeiro e ofrecer unha experiencia cultural e enoturística única no territorio.
As entradas seguen dispoñibles en ataquilla.com.
Este verán, ¡aínda estás a tempo de brindar co son máis auténtico do viño galego!