Momentos para lembrar: Cuñas Davia na 62ª Feira do Viño do Ribeiro
Do 1 ao 4 de maio de 2025, Ribadavia converteuse no epicentro do viño galego durante a 62ª edición da Feira do Viño do Ribeiro. Cuñas Davia participou activamente neste evento, destacando polo seu compromiso coa calidade e a tradición.
Ao redor dos nosos viños e do noso stand houbo moita actividade, coma a cata guiada de Tomás Ucha, ou as impresións que Pelayo e Víctor nos deixaron gravadas tras visitarnos.
O ambiente durante toda a fin de semana foi inmellorable. Grazas a toda a xente que se achegou a coñecernos e compartiu connosco esta fantástica feira.