Revive a 58 Feira do Viño do Ribeiro con Cuñas Davia

Categorías : Ribeiro

Este año, sí puidemos celebrar a Feira do Viño do Ribeiro. Ainda que cun formato reducido e plantexando solución híbridas, a medio camiño entre unha feira presencial e virtual, o certo que foi todo un éxito. Evidentemente non había o ambiente de persoas que se misturan nos stands probando os viños e falando cos adegueiros, pero nas catas a cegas e nos eventos ‘cata das adegas’ o aforo reducido viuse ampliado a través do streaming emitido a través da aplicación creada para a feira, e da actividade en redes sociais.

Nas catas a cegas celebradas na igrexa da Madalena todo o mundo tivo acceso a probar os mellores viños da Denominación de Orixe Ribeiro. O Consello regulador estivo a altura e unha gran organización e centos de postos en multitude de horarios permitiron o acceso de moita xente, de xeito similar a outros anos… pero diferente.

Nas catas das Adegas, dous sumilleres de prestixio como Sonia Molero de Uvepositivo e Marcos Eiré, de Árbore da Veira guiaron á través de diferentes Adegas, e diferentes elaboración ós asistentes por un camiño no que non había dous viños iguais e tódalas sensacións eran completas.

Pola nosa banda tentamos reflectir nas nosas redes tódalas posibilidades existentes, e participamos, dando difusión, aportando ideas e agora, compartindo os materiais para que poidades revivir os mellores momentos, coñecer opinión expertas, ou asistir como espectadores lonxanos a momentos únicos.

¿Nos acompañades?

Recursos graficos da 58 edición da Feira do Viño do Ribeiro

Cata vertical de Tintos Cuñas Davia na “Cata das Adegas” 30/05/2021:

“Cata das Adegas” 30/05/2021.

Participantes:

Bodega Vilerma

Adega Viña Carpazal

Leive EcoAdega

Bodegas Loeda S.L.

Adega Pousadoiro

 

 

Álbum de fotos, resumo de actividades:

 

Opinión de Marcos Eiré, Sumiller en Árbore da Veira:

Opinión de César Alonso, enólogo de Cuñas Davia:

Productos relacionados

Entradas relacionadas

Share