MIT, a mostra de Teatro de Ribadavia, conexión cultural de Cuñas co teatro
Xa sabedes das nosas inquedanzas culturais, ademais de publicar algúns libros e de acoller exposicións de arte no antigo lagar, gústanos colaborar coas iniciativas que temos perto. Somos unha pequena adega de colleiteiro e os orzamentos de marketing non dan para grandes patrocínios, pero sempre estamos dispostos a colaborar.
Grazas a MIT Ribadavia por contar sempre com nós. Que os viños de Cuñas figurasen no acto de presentación do festival xa é una honra. Ademáis, tratamos dende os nosos médios, de facilitar a difusión das obras programadas e coma outros anos, facilitar unha conexión dende o mundo do viño, tan presente na comarca, con este festival tan importante para o teatro galego.
Contexto histórico da MIT e relacións coas adegas do Ribeiro
Xa dende 1973, coas primeiras mostras creouse un alicerce que maduraría no 1984, o ano en que naceu o primeiro festival internacional. Neses primeiros anos Ribadavia viña a ser un punto de creación que xeraría novos grupos e a profesionalización do teatro galego.
Cos primeiros festivais internacionais a sociedade galega deu un paso adiante, e a relación con compañías de outros países fixo mais importantes aos grupos propios. O Teatro galego medraba e en grande parte grazas á MIT.
Isto ven sendo tradición posta en valor e progreso. Isto é común aos avances no mundo do viño, que leva anos de mellora contínua, bebendo da tradición, pero con técnicas modernas. Castas ancestrais e elaboracións actuais fan dos Ribeiros viños con valor engadido.
A unión entre actividade cultural e empresarial debe ser constante, e as adegas debemos apoiar a cultura, aos festivais, aos artistas, aos escritores, con toda esta base, todos melloramos e o aspecto sociocultural do viño toma un sentido global.
A longo prazo seguiremos apoiando iniciativas que merezan un pulo e que deixen valor, a corto prazo… A disfrutar dunha semana completa de teatro e cultura en Ribadavia.
Programación da MIt Ribadavia 2023